POTENCIAMOS OS NOSOS RECURSOS
MELLORAMOS A CALIDADE DE VIDA
DINAMIZAMOS A ECONOMÍA RURAL
IMPULSAMOS TRADICIÓN E MODERNIDADE

O Grupo de Desenvolvemento Rural 05, o GDR Miño Ulla, integra a 10 concellos de 3 comarcas cunhas particularidades moi definidas, todas elas representativas da Galicia Interior onde os ríos xogan un papel fundamental na vida económica e social da contorna e definen a paisaxe e os recursos.

A comarca de Sarria aporta os concellos de Sarria, O Páramo, Paradela e Portomarín. A comarca da Ulloa aporta Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla e a comarca de Chantada aporta os concellos de Chantada, Taboada e Carballedo.

A través do GDR contamos cunha superficie de traballo de 1.375,8 Km2 e unha media de densidade de poboación de 30,65 habitantes/km2. O noso territorio presenta unha potencialidade infinita para ser estandarte na dinamización do rural. O Camiño Francés a Santiago pasa por parte do noso territorio, o mesmo que O Camiño de Inverno a Santiago. A metade dos nosos concellos pertencen á Ribeira Sacra, declarada Ben de Interés Cultural e pendente ante a Unesco de ser catalogada como Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera.

O viño e o sector agrogandeiro, coa conseguinte elaboración e transformación do produto, son os pilares da economía, nunha sociedade moi vinculada á cultura fluvial a través dos ríos: Miño, que baña os concellos de Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada e Carballedo, e Ulla que baña os Concellos de Antas de Ulla e Monterroso. Os outros concellos contan con outros ríos, así polo Páramo pasa o río Neira, por Palas de Rei o río Pambre e por Sarria e o Páramo o río Sarria. Estamos nun territorio no que ademais están implantados varios produtos con Denominación de Orixe, como é o caso da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e os seus viños e a Denominación de Queixo Orixe Arzúa-Ulloa.

Os recursos cos que contamos sin innumerables, se queres potencialos ou tés un proxecto que contribúa a dinamizar a economía e as potencialidades do territorio, contáctanos. Podemos axudarche a facelo realidade.

 

GDR

Coñece os obxectivos principais do
GDR Asociación Miño-Ulla

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

  • * Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
  • * Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
  • * Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.
  • * Garantir a sostibilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
  • * Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
  • * Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

O Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela inclúense cales son as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio do punto de vista produtivo, económico, dotacional, social etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para o período 2007-2013 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER en Galicia.

Ler máis

O grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para ese territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao abeiro do programa. É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda, partindo duns criterios predefinidos. A decisión trasládase a AGADER que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.

Ler máis

Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER. O que se debe ter en conta é que en función do proxecto pode haber restricións adicionais que recolle a normativa de aplicación (ex: para os proxectos de natureza económica exclúense as grandes empresas).

Ler máis

Todo
Agrícola
Enerxía
Entroido
Social