As Axudas LEADER 2014-2020 establecen nas súas Bases Reguladoras, que se tramitarán en réxime de concorrencia competitiva.

Polo que, os proxectos presentados para optar a unha axuda serán puntuados segundo o seu carácter produtivo ou non produtivo aplicando o BAREMO que se pode descargar de seguido.

A puntuación máxima a que opta un proxecto é de 100 puntos.

A puntuación mínima (nota de corte) que haberá de obter un proxecto para ser subvencionado, establécese en 25 puntos tanto para os proxectos produtivos como para os non produtivos e, a puntuación coa que se obterá a axuda máxima establécese en 65 puntos, tamén para as dúas tipoloxías de proxectos.

As porcentaxes de axuda mínima e máxima, así como, o importe máximo de axuda que poderá obter un proxecto reflíctense no seguinte cadro:

 

Baremos

 

As porcentaxes de axuda entre o máximo e o mínimo, calcularanse mediante unha relación proporcional directa cos puntos obtidos no baremo, axustada esa porcentaxe a dous decimais: por cada punto adicional a partir da nota de corte (25 puntos) incrementarase a porcentaxe de axuda nun 0,50%.